O proxecto “Convivimos” contén unha serie de actuacións de carácter educativo e preventivo no eido escolar, familiar e social, co obxectivo de promover na infancia unha convivencia baseada no respecto á diversidade e na igualdade en dereitos e responsabilidades. Con este fin, proporciónanse actividades e ferramentas que axudan ao seu coñecemento práctico tanto na escola coma na contorna familiar. Neste último caso, as accións que os nenos e nenas levan a cabo nos seus fogares facilítalles aos seus proxenitores máis coñecementos e ferramentas para o exercicio das súas responsabilidades parentais.

As dinámicas e actividades propostas xiran ao redor dunha serie de palabras clave, que constitúen o Abecedario da Convivencia. Cada unha destas palabras ten unha relación directa co obxectivo xeral, e por medio das mesmas trátase de fomentar tanto a comprensión xenérica do concepto, coma a transmisión de habilidades instrumentais, sociais e de comunicación, incidindo así na construción de actitudes e valores.

Esta proposta está dirixida ao persoal educativo do 2º Ciclo de Infantil, para o seu traballo con nenos e nenas, se ben os seus contidos poden ser utilizados tamén por alumnado de Primaria.

Actualmente lévase a cabo en Madrid y Asturias.

Convivimos (castelán)
Convivimos (galego)