A chegada dun neno ou unha nena a casa supón unha pequena revolución familiar. Hai que reorganizar rutinas, espazos, cambiar hábitos, e aprender sobre multitude de temas. Ademais dos máis inmediatos, como cueiros, alimentación, calendarios vacunais e un largo etcétera de tarefas, hai outro aprendizaxe máis profundo, máis complexo, e para o que non hai manual de instrucións: como educar ao noso fillo ou filla. Dende que chega á nosa vida, hai que tomar multitude de decisións relativas ao seu benestar, e moitas veces xorden dúbidas sobre como abordar as diferentes etapas de desenvolvemento.

Dende aquí queremos promover un espazo no que se ofreza información relacionada coa educación dos nenos e nenas, fomentando a difusión de ideas que nos permitan crecer como familia, onde todos os membros participan na creación de normas e valores familiares, e onde a aprendizaxe é bidireccional entre pais, nais, fillos e fillas.

O noso enfoque está baseado nos principios de parentalidade positiva, que é unha maneira de entender a crianza e a educación centrada no respecto ás necesidades dos nenos e das nenas, no desenvolvemento das súas capacidades e a ausencia de violencia. Está baseada na responsabilidade de pais e nais, en lugar da autoridade dos mesmos, e apoiase nos seguintes principios.

·         Relacións afectuosas, cálidas, protectoras e estables cos nenos e nenas, que permitan a creación dun vínculo afectivo sólido.

·         Ofrecer seguridade aos nenos e nenas por medio dun entorno predicible e unhas normas claras, sinxelas e estables, que permitan facilitar a convivencia familiar.

·         Fomento da súa motivación e aprendizaxe por medio do estímulo e apoio da aprendizaxe cotiá e escolar.

·         Implicación nos intereses e preocupacións dos nenos e nenas, respondendo as súas necesidades e mostrando interese polo seu mundo.

·         Reforzo do sentimento de competencia dos nenos e nenas, estimulando a súa motivación e a confianza nas súas capacidades.

·         Educación sen violencia, resolvendo os problemas de maneira positiva, evitando recorrer a castigos físicos, gritos, ameazas ou insultos.

Para saber máis: