PARQUES INFANTIS MADRID:

Coa chegada do bo tempo, podemos aproveitar os recursos do noso entorno para gozar do ocio en familia ao aire libre. Nesta ocasión queremos recomendarvos a visita a parques e xardíns madrileños que supoñen un lugar de esparcimento e descubrimentos para os nenos e as nenas onde ademais de facer amizades, desenvolven as súas habilidades sociais e coñecemento sobre si mesmos.

En todos os barrios hai parques cercanos nos que xogar, facer deporte ou gozar da compañía da familia. Desde aquí queremos resaltar alguns parques repartidos por Madrid.

Fóra da área urbana de Madrid Capital, queremos resaltar algúns parques curiosos, como:

  • Parque Europa, Torrejón de Ardoz: é un parque gratuito no que podemos atopar réplicas de 17 monumentos europeos. Destaca por este aspecto, dado que podemos pasear no mesmo día tanto por Atenas, París ou Bruselas

Como chegar? En Autobús Urbano, liña 2 de autobuses e liña “Circular A”. Os horarios pódense consultar na terminal de Autobuses ubicada en Plaza de España.

En Autobús Interurbano, liña 224 – A

En Tren, Alcalá de Henares y Guadalajara. Con parada na estación de cercanías de Torrejón de Ardoz. A continuación conectar co autobús urbano L2 ou L1.

  • Parque “El Oeste”, Alcobendas. É un parque de Alcobendas que está ambientado como si fora o antigo Oeste. A zona de xogos infantís está construída seguindo esta temática, ten un forte, un tren e varios cabalos-balancins.

 

Como chegar? En tren, parada Valdelasfuentes. En Autobús líiñas 11, 157C e 828

  • Parque “Gran Tobogan”, Rivas Vaciamadrid: é un parque cuxo rasgo principal son os tobogáns, que son largos e con diferentes formas. Ademáis, ten un par de randeeiras anchas, nos que te podes tombar.

 

Como chegar?  En Metro Rivas Urbanizaciones (liña 9)

  • Por último, facemos unha mención especial aos parques dos diferentes distritos de Madrid, aquelles que están próximos a nós e nos que podemos pasar un anaco da tarde. Pódese consultar a súa ubicación na páxina de Madrid Capital, na seguinte ligazón: goo.gl/YJErxn