A estrutura, deseño e forma de presentación dos elementos (gráficos, imaxes, ficheiros, logotipos, combinacións de cores e calquera elemento susceptible de protección) foron elaborados por Óscar Otero (maquetador e programador web) e ekinocio comunicación (deseño gráfico) e están protexidos por dereitos de propiedade intelectual titularidade de FUNDACIÓN MENIÑOS.

Están prohibidas a reprodución, a transformación, distribución, comunicación pública, posta a disposición do público e, en xeral, calquera outra forma de explotación, parcial ou total dos elementos referidos no apartado anterior. Estes actos de explotación só poderán ser realizados en virtude de autorización expresa de FUNDACIÓN MENIÑOS e que, en todo caso, deberán facer referencia explícita á titularidade dos citados dereitos de propiedade intelectual de FUNDACIÓN MENIÑOS.

Só estará autorizado á reprodución (impresión ou descarga) para uso privado dos contidos dispostos no sitio web. Non se permite a utilización dos signos distintivos (marcas, nomes comerciais) nin ilustracións, fotografías nin imaxes, salvo autorización expresa dos lexítimos titulares.

As fotografías recollidas na sección “galerías” foron  cedidas polos seus autores e autoras para a súa inclusión nesta web coa autorización expresa das persoas que aparecen nas mesmas.