Jugamos” é o título dos obradoiros de xogo en familia que Meniños leva a cabo nas Comunidades de Madrid e Asturias. Esta actividade consiste na realización de varias sesións de hora e media de duración nas que se combina o ocio con prácticas que contribúan ao exercicio positivo da parentalidade. Nas mesmas participan as persoas adultas e os seus fillos e fillas de entre 3 e 6 anos, contando co apoio e monitorización do persoal de Meniños. O obxectivo destes obradoiros é aumentar a competencia no exercicio positivo do rol parental nas familias, así como adquirir habilidades que permitan unha mellor planificación e incorporación do xogo á dinámica familiar e potencialo como instrumento educativo.

Para descargar o material educativo, preme na imaxe.