
A integración da educación emocional na actividade habitual da aula supón múltiples beneficios no desenvolvemento dos nenos e nenas, aportando unha mellor autoestima, relacións sociais positivas e unha boa adaptación escolar, social e familiar. Actúa, asà mesmo, como factor protector ante o desenvolvemento de condutas violentas tales como o bullying ou a violencia de xénero. A aparición deste tipo de condutas está directamente relacionada con aspectos básicos da intelixencia emocional como o manexo das emocións e o desenvolvemento da empatÃa, polo que para a súa prevención é indispensable aprender dende a infancia a entender que son as emocións e a identificar como facer unha xestión positiva das mesmas.
Para abordar estes aspectos, decidiuse apostar pola creación dun material especÃfico sobre estes temas que permita un traballo estruturado sobre a educación emocional. O público obxectivo do presente proxecto é o alumnado de Educación Infantil, pero tamén as súas familias, xa que este é un ámbito no que se debe ter en conta a contorna do menor. AsÃ, neste proceso de potenciación das destrezas de intelixencia emocional é preciso implicar aos pais e nais como adestradores emocionais, e ao mesmo tempo darlles ferramentas para que podan desenvolver estas habilidades na interrelación familiar.
O material consta dunha guÃa educativa, un conto, fichas de actividade, material complementario e marionetas de papel dos personaxes principais. Asà mesmo, compleméntase con información dispoñible na nosa web e redes sociais. O profesorado decide que actividades dentro das propostas levará a cabo co grupo, escollendo aquelas que se axeiten mellor á dinámica da clase, ás caracterÃsticas do grupo e a programación escolar. Igualmente, dentro deste mesmo criterio de flexibilidade o profesorado ten liberdade de adaptar as actividades ás peculiaridades do seu alumnado.
No proxecto trabállanse seis competencias emocionais, cada unha de las cales va asociada a un personaxe principal:

Actualmente lévase a cabo en Galicia.
A continuación pódese ver un extracto da guÃa e do conto, asà como o mapa – guÃa das actividades.

O proxecto tamén conta cunha canción composta polo músico coruñés Pablo DÃaz en colaboración coa Fundación Meniños. Podes escoitala aquÃ.
Para solicitar máis información sobre a proposta, podedes contactarnos tanto por correo electrónico (proxectos.educativos@meninos.org) como por teléfono: 981 269 955 / 607 573 207.