Si por un momento pechamos os ollos e recordamos os nosos veráns da infancia, seguramente veñan á mente recordos de praia, area, comidas campestres no monte, guerras de globos de auga... O bo tempo, as vacacións e os días longos son o mellor dos escenarios para compartir tempo en familia realizando actividades divertidas, e dándolle aos nosos fillos e fillas experiencias novas que xeren recordos imborrables. Pasados os anos, quizáis non se acorden de visitar o mellor dos destinos turísticos, pero seguramente si o fagan do día que xuntasteis aos seus amigos e amigas para facer unha procura do tesouro. Ç tempo compartido e vivido plenamente permitiravos estreitar vínculos, compartir experiencias, aventuras e ideas e, sobre todo, pasalo ben todos xuntos. Ofrecémosvos a continuación 40 ideas para gozar dun verán en familia.

 

Descarga a infografía en castelán
Descarga a infografía en galego