Na clase un neno propón un novo xogo, no que se burla e exclúe a un compañeiro, e todos o secundan…. Ata que unha nena dase conta do que implica e decide cambiar a situación.

Esta curta céntrase no apoio social necesario para que o bullying se manteña, e que neste caso é a participación do grupo de iguais, pero que noutros pode ser simplemente a omisión de axuda. Os nenos e nenas da curta participan no acoso a un compañeiro baixo a premisa de que é un xogo, sen reflexionar sobre as consecuencias do mesmo. A ruptura ven marcada pola toma de conciencia da manipulación que supón a actitude do promotor desta dinámica, facéndonos reflexionar sobre a importancia de romper o círculo, tomar as nosas propias decisións e non deixarse levar pola presión social.

Clica aquí para acceder á curta