Facendo familias” é unha proposta educativa para o fomento da participación e responsabilidade da infancia na construción da súa familia e da sociedade. Ten dous obxectivos fundamentais:

  1. Facilitar a aprendizaxe de estratexias para que as nenas e nenos poidan facer cousas concretas, na medida das súas posibilidades, que contribúan a que as persoas da súa contorna estean mellor.

  2. Achegármonos á realidade da infancia e a familia doutros países e culturas, aprendendo a coñecer e respectar a diversidade.

Deste xeito, “Facendo familias” constitúe unha actuación de prevención primaria no eido dos malos tratos á infancia, enfocada dende a promoción do bo trato, coa participación e protagonismo dos máis cativos. Ademais diso, a proposta tamén pretende dar a coñecer e sensibilizar sobre a situación da infancia e a familia no mundo, cun dobre enfoque: apertura a diferentes realidades e modalidades, o que supón un enriquecemento cultural; e coñecer e reflexionar sobre a cobertura dos dereitos da infancia nos países empobrecidos.

Conta con material educativo diferenciado para Educación infantil e para Educación Primaria, e levouse a cabo tanto en Galicia como en Madrid e Asturias. 

Para descargar o material educativo, preme na imaxe.

Facendo Familias Infantil (Galego)
Haciendo Familias Infantil (Castelán)
Facendo Familias Primaria (Galego)
Haciendo Familias Primaria (Castelán)