As actividades en familia son momentos enriquecedores e que fan gozar a todas as persoas participantes, pero o ritmo de vida apresurado ao que moitas veces nos vemos abocados non sempre deixa marxe para planificar formas de ocio distintas ou indagar sobre novos destinos para coñecer todos xuntos que estean próximos ao fogar. Por iso os queremos mostrar un recompilatorio de páxinas web nas que atopar plans para facer en familia en Galicia, para ter unha información actualizada de que actividades hai pola vosa zona, e así poder gozar dun tempo de ocio en familia. Algunhas destas páxinas inclúen outro tipo de información, como parques infantís, lugares onde comer con espazos para nenos e nenas e incluso ideas para levar a cabo na casa.

Xerais:

  • Ocio en Galicia: non é específica de infancia, pero si inclúe plans que se poden realizar en familia.

  • Galicia Máxica: lugares con encanto, rutas, museos e actividades para realizar cos nenos e nenas en Galicia.

  • Guía del ocio: guía do periódico El País na que se pode filtrar a información por tipo de plan, lugar e idades.

  • Ocio del Faro de Vigo: guía de ocio do periódico da comarca viguesa.

  • Con mis hijos: inclúe un buscador de plans por provincia, ideas para actividades de ocio en casa, así como outros apartados relacionados coa educación, saúde e crianza.

  • Sapos y princesas: plans para facer en familia e artigos sobre temas relacionados coa infancia

  • Ocio en Galicia: guía con plans de ocio nas principais cidades galegas

Ferrol

Vigo

  • Little Vigo: Con información sobre locais onde tomar algo, comer ou ir de compras con nenos e nenas, así como escapadas e lugares de ocio por Vigo e arredores

  • Vigopeques: páxina de ocio, pero tamén de escapadas e promocións, entre outros temas.