O meu pai chegaba tarde a casa, e moitas veces falaba moi alto coa miña nai. A min dábame un pouco de medo.
Un dÃa viñeron unhas persoas e leváronme a vivir a Ourense. Explicáronme que era porque a casa non estaba ben, os meus pais discutÃan moito, e, ás veces, non me levaban á escola.
Estiven algún tempo interna nun centro con outros nenos e nenas. O meu pai marchara traballar fóra, e ao principio botaba moito en falta á miña nai.
Pero ela viña de visita cada 15 dÃas, e eu sempre a agardaba moi ilusionada.
Como non podÃa volver á miña casa, preguntáronme se querÃa ir cunha familia acolledora. A miña nai estivo de acordo. Asà foi como coñecÃn a Fernando e a LucÃa, pouco a pouco, dando paseos por Ourense.
Despois fun vivir á casa deles. Alà coñecÃn a UxÃa e a Brais1, os fillos de Fernando e LucÃa, cos que me encantaba xogar.
Deste xeito puiden vivir cunha familia, aÃnda que un pouco diferente á da maiorÃa dos nenos e nenas da miña clase. Agora que xa pasou un tempo estou contenta, compartindo o meu dÃa a dÃa con eles, e vendo a miña nai todas as semanas.
Mentres eu estaba vivindo con Fernando e LucÃa, o meu pai e a miña nai buscaron axuda para mellorar a súa situación.
O meu pai empezou buscar traballo preto da casa, e finalmente conseguiuno. Agora os meus pais xa volven vivir xuntos e o meu pai vai poder visitarme.
As persoas que axudaban ao meu pai e a miña nai lograron que se trataran con respecto entre eles, e asà estabamos máis contentos.
Grazas a estas melloras, podo ir pasar algunha fin de semana a casa, aÃnda que pola semana sigo vivindo con Fernando e LucÃa.
De cando en vez Fernando e LucÃa acompañan ao meu pai e á miña nai a unhas xuntanzas para preparar a miña volta a casa.
A finais de curso, vou pasar case todas as vacacións co meu pai e a miña nai. Como todo vai moi ben, o curso seguinte xa o farei en Xinzo, vivindo na miña casa, aÃnda que seguirei indo algunhas fins de semana a Ourense, a ver a Fernando e LucÃa.
Deste xeito, conto con Fernando, LucÃa e os seus fillos como familia acolledora, que me dan o seu agarimo e coidados mentres que a miña familia supera as dificultades que existÃan. Co apoio das persoas da Fundación Meniños, o meu pai e miña nai están a aprender como facer para que todos na casa esteamos mellor, e asà eu pronto poderei regresar definitivamente.