A Fundación Meniños traballa dende o ano 2008 cos centros escolares por medio da área de Proxectos Educativos e Preventivos, a través de diversas propostas. O obxectivo da área é promover valores, actitudes e condutas acordes co bo trato na infancia, implicando tanto aos docentes como ás familias nas actividades e propostas educativas que se realizan. Neste último caso, dende os proxectos educativos que se levan a cabo nos centros, así como desde esta web, trátase de incidir na adquisición e desenvolvemento de habilidades para a parentalidade positiva.

Neste apartado pódense consultar as nosas propostas educativas.